1d3 Castro de rei (rota de Montedaestrela)
Comezaremos ás 10 da mañá, cunha visita ao Museo e Castro de Viladonga, un dos máis importantes da Galiza, de época tardo-romana e moi ben conservado. Desde o Castro temos meio mundo ao redor: os montes de Meira, o Cadramón, e aldeas como a de Vilaseñor, Francos,... e a pasaxe do Miño. Neste castro, apareceu o torques que a asociación Amigos da Feira de Castro de Rei, tomou como símbolo.
Rota do Azúmara
É un percurso de oito quilómetros que une o castro de Viladonga coa vila de Castro de Rei, que acondicionaron e puxeron en andamento os membros da asociación Amigos da Feira, hai máis de dez anos.
Principiaremos no Monte Cordal, para atravesalo, cunha subida suave e cómoda, que nos oferecerá as primeiras panorámicas: Á esquerda o Val de Francos, pola direita aldeas e casais ollando para a Serra de Meira. Se tivermos o Ceo limpo, poderemos ver o Pedregal de Irimia, verdadeiro berzo do río Miño, unha mancha branca a meia aba. No camiño, toparemos con plantas próprias destas alturas, uces, carqueixas,...
Descendo o Cordal, o camiño vira á direita cara unha casa solitaria, Lamarredonda, e xa a seguir, veremos ao fondo, o Cadramón.
Ao pouco entraremos nun extenso e máxico campo de amieiros, no que a senda irase estreitando, para recebernos máis abaixo, o río Azúmara. Axiña veremos o muíño de prado, hoxe silencioso, e unha casa de alta chaminé. Posteriormente, o camiño volta a estreitarse é a ser frondoso, tendo á nosa esquerda o Monte de Quinto, para toparmos en breve, a Carballeira do Rei con altos castañeiros e carballos. Mais adiante nasce o canal que levaba auga para a Mina de Arsénico, hoxe abandonada. A súa orixe é romana, e segundo contan, dela chegou a extrairse prata. O antedito canal atravesa prados e chousas. Á entrada da mina, podemos contemplar un arco de meio ponto
O segundo muíño da rota, fica na Presa de Prado, lugar fermoso e sombrío no que o río forma un pequeno encoro natural. Á esquerda asoman os lousados de Casas Novas e A Fieitosa, local este, de nascemento do poeta Francisco Vega Ceide, que asinaba co seudónimo de Francisco de Fientosa.
Máis adiante, cruzaremos o río por pequenas pontellas.
Estamos xa no lugar de Samesugueira, cun pé para rematar esta rota, en Castro de Rei, a vila que foi dos Condes de Lemos e preparou herdos cos Pardo de Cela. Disto foi testemuño o castelo, destruído na revolta Irmandiña e derrubado definitivamente en 1941, do que só resta o brasón. No entanto, aínda se conserva o castro orixinal e as casas circundantes. Embaixo teremos o noso parceiro de aventuras, o Azúmara.
Pararemos unha hora para xantar, polas dúas da tarde, no centro de Castro de Rei, á beira do Azúmara. Despois, ás 15:00 horas, coa colaboración e guía dun amigo do lugar, faremos:
A rota da Escrita
Este percurso de sete quilómetros, que atravesa agras e carballeiras, subiranos por unha vía sacra, cara ao Sagrado Corazón (un dos mellores miradoiros da Terra Chá).Teremos como compañeiros de viaxe, 24 poemas de poetas chairegos, e pasaremos por vizosas corredoiras e a carón dalgunhas fontes. Non esquezamos que estas terras, foron transitadas por labregas e labregos, coas súas xugadas de mansas vacas e valentes bois, non hai moito tempo...
Licenza en:
montedaestrela.org
DGPM 1126 EL ROMÁNICO DE MEIRA
Nos encontramos en el municipio de Meira, a escasos 30 kilómetros de la capital Lucense, en la conocida comarca da Terra Cha. Una villa tranquila de múltiples viviendas unifamiliares, en las que residen dos millares de vecinos que creció en torno al Monasterio de Santa María de Meira. Un convento en el que no hay monjes, ni hay convento. La iglesia es el edificio más antiguo que se conserva. Una obra cisterciense, de modelo francesa, edificada en el siglo XII. Su base es de cruz latina y una de las particularidades de esta época y que le diferencia con el arte románico de entonces la apreciamos en su interior, su altura. En el crucero, la distancia entre el suelo y la bóveda, es de 14 metros.